Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • As indemnizacións aprobadas no Consello extraordinario da Xunta celebrado en Ourense teñen prazo vixente desde o 1 de setembro
  • Galicia conta con 16 oficinas de atención aos afectados, nas que traballan 50 empregados públicos
  • As axudas por danos persoais a consecuencia dos incendios serán de 87.500 euros por falecemento
  • O paquete de medidas para impulsar a reconstrución das zonas afectadas pola vaga de lumes establece ata 132.000 euros para a rehabilitación de vivendas habituais e 66.000 para segundas residencias
  • A Xunta activou oito liñas de apoio dirixidas aos titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais
  • Nas empresas con instalacións afectadas, as subvencións permitirán cubrir ata o 100% dos danos producidos, según a valoración do informe de taxación, cun límite de 600.000 euros por beneficiario
  • Só durante o mes de agosto, Galicia rexistrou 666 focos en 62 concellos, o que provocou a evacuación dunhas 400 persoas e o confinamento doutras 2.200

  • Despois de máis de 20 anos de vixencia do plan actual, Galicia poderá contar no prazo de tres anos cunha planificación sectorial adaptada ás tecnoloxías, ao potencial actual e ás modificacións lexislativas europeas
  • A Xunta eloxia “o procedemento transparente e aberto” para lexislar o sector eólico nos vindeiros anos, así como unha maior garantía ambiental para a cidadanía e para os promotores
  • Está prevista a constitución dunha mesa de traballo coas entidades máis representativas da eólica galega e dun grupo de traballo dependente da Mesa da Industria

  • Resultaron beneficiarias entidades representativas de sectores estratéxicos e emerxentes como a automoción, acuicultura, madeira, biotecnoloxía, audiovisual, economía circular, deporte, comunicación, sector TIC, naval, metal, téxtil e biomasa
  • As axudas, que foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva, poden alcanzar ata o 70% do custo subvencionable, cun límite máximo por proxecto de 400.000 euros
  • A través deste programa do Igape, a Xunta xa apoiou preto de 70 iniciativas de clústeres desde o lanzamento da liña, cunha achega pública que supera os 12 millóns de euros e un investimento mobilizado superior aos 20 millóns

  • A Xunta destina a esta liña de apoios 8,3 millóns de euros en 2025 e ata o momento leva recibidas máis de 200 solicitudes
  • Nunha visita ás instalacións do Grupo Internaco, en Ordes (A Coruña), a conselleira de Economía e Industria subliñou que o obxectivo do Goberno galego é “seguir impulsando a internacionalización da economía, mellorar a competitividade das empresas e xerar riqueza”

  • A primeira liña, con axudas de entre 700 e 9.000 euros, incentiva a adquisición de eléctricos puros, híbridos enchufables, eléctricos de autonomía estendida ou de pila de combustible
  • A segunda liña está orientada á implantación de infraestruturas de recarga, con apoios de entre o 20% e o 80% do custo subvencionable según o tipo de solicitante, potencia dos puntos de recarga ou localización en concellos de menos de 5.000 habitantes
  • Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación enerxética e Minas, lembrou que desde o inicio do Moves III, en 2021, concedéronse máis de 11.500 axudas, cun importe superior aos 49 millóns de euros
  • Na actual edición están adheridas 916 entidades colaboradoras, das que 295 son puntos de venda de vehículos e 621 instaladores de baixa tensión

  • Durante unha visita ás instalacións de Delta Vigo Aeroestructuras, en Nigrán, a conselleira de Economía e Industria sinalou o obxectivo de coñecer de primeira man “as necesidades reais das empresas a curto, medio e longo prazo para definir a colaboración público-privada”
  • O proceso de diálogo estratéxico iniciado o pasado 22 de xullo derivará a finais de 2025 na primeira convocatoria que definirá as empresas e centros tecnolóxicos que traballarán en programas conxuntos de investimento nos vindeiros cinco anos
  • María Jesús Lorenzana avanzou que se van destinar 183 millóns de euros ata 2030, coa previsión de mobilizar 900 millóns, e co obxectivo de atraer cara a estes segmentos de actividade empresas doutros ámbitos estratéxicos e materializar novos investimentos industriais

  • A resolución, xa publicada no DOG, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria para decidir sobre a súa autorización definitiva
  • A Xunta matiza que a culminación dos trámites ambientais e as correspondentes resolucións favorables non eximen ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que sexan legalmente exixibles
  • Biofibras de Galicia proxecta situar as súas instalacións no antigo parque de carbóns da central térmica das Pontes, cunha liña de reciclaxe de papel e cartón e outra de fabricación de pasta de celulosa, e co obxectivo de producir 100.000 toneladas/ano
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia