Consellería de Economía e Industria
— A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro co embaixador e co conselleiro de Comercio, Investimento e Turismo na sede da Confederación de Empresarios da Coruña
— Máis de 250 empresas galegas exportan na actualidade á República Dominicana, cun volume de negocio anual que ronda os 50 millóns de euros
— “República Dominicana é un mercado no que as exportacións de Galicia seguiron unha liña notablemente ascendente, incrementándose nun 53% durante o último lustro”, enxalzou a directora do Igape
— Covadonga Toca fai fincapé na colaboración público-privada para o crecemento do sector exterior a través de accións como as misións comerciais impulsadas polo Igape no país en 2022 e 2023, con 11 empresas galegas participantes
— Destacou a aposta da Xunta pola internacionalización, mediante iniciativas como as antenas do Igape ou os programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios
- A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reclamou no Parlamento o apoio da oposición para lograr financiamento do Goberno para os grandes proxectos tractores, principiando polo de Altri
- O plan de impulso e aceleración inclúe a elaboración dun mapa industrial da Comunidade e plans directores para os diferentes sectores
- Remarcou como obxectivo “facer de Galicia un polo de emprendemento -na industria- capaz de atraer investimentos e garantindo as máximas facilidades na tramitación”
- A conselleira matizou que a figura dos Proxectos Industriais Estratéxicos amplíase a iniciativas a partir de 2 millóns de euros e de 25 empregos de nova creación
- María Jesús Lorenzana destacou que en Galicia hai na actualidade 32 iniciativas industriais relevantes que van demandar 8 TWh adicionais de electricidade ao ano
- Sinalou tamén a existencia de investimentos potenciais por valor de 6.328 millóns de euros, capaces de xerar máis de 7.000 empregos directos
- Como instrumentos clave da nova Estratexia citou o fondo de capital público-privado que se vai crear para atraer o investimento de entidades privadas e financiamento dos Next Generation, así como a utility pioneira en España para o lanzamento de proxectos relacionados cos recursos naturais da Comunidade
— A directora do Instituto Galego de Promoción Económica, Covadonga Toca, presentou no Parlamento as contas para o vindeiro ano, que se incrementan por riba do 3%
— Describiu que os Orzamentos do Igape “medran na procura de seguir construíndo, xuntos, esa Galicia máis sustentable, máis verde, máis preparada, con máis e mellor talento e máis competitiva”
— Resaltou como grande novidade a Oficina Económica de Galicia, dotada con 5,7 millóns, e á que definiu como a canle única “para todos aqueles interesados en investir na nosa terra”, e co estímulo dunha burocracia administrativa reducida ao máximo
— Covadonga Toca enxalzou a “ampla batería de medidas de apoio” ás empresas para impulsar a competitividade, con preto de 80 millóns destinados a ferramentas de mellora das capacidades competitivas do tecido empresarial
— Activarase unha nova liña de incentivos para atraer e implementar empresas, dotada con 30 millóns en tres anos para proxectos relevantes en investimento e en creación neta de emprego
— As contas de 2024 prevén máis de 111 millóns para atender as necesidades de financiamento de empresas, pemes e autónomos, incluíndo máis de 34 millóns en préstamos para investimentos estratéxicos
— Tamén haberá un reforzo da aposta pola internacionalización, co compromiso de “seguir contribuíndo ao mellor ciclo exportador da historia de Galicia”, defendeu a directora do Igape

. A conselleira de Economía, Industria e Innovación lembrou que a Axenda de Impulso da Minería Sustentable de Galicia defende o desenvolvemento sustentable do sector, sempre que compatibilice as actividades xeradoras de riqueza e emprego co respecto aos recursos naturais
. Expuxo iniciativas como a futura Lei de recursos naturais, a nova oficina de captación de fondos europeos para a investigación, innovación e modernización da minería galega e a Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto StmartminTech

- A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, compareceu no Parlamento de Galicia para explicar as contas do seu departamento para 2024
- O orzamento sube por riba do 5%, co obxectivo de converter a Galicia en referente na Península na captación de investimentos e de proxectos empresariais
- Entre as iniciativas máis relevantes salientou a futura Oficina Económica de Galicia, órgano de asesoramento técnico e administrativo que estará adscrito ao Igape e que contará con máis de 5,7 millóns de euros
- María Jesús Lorenzana tamén avanzou que se activarán 97,5 millóns de euros en instrumentos financeiros e que se abrirán catro novas liñas de apoio ás empresas, con preto de 33 millóns para a atracción de iniciativas, apoio a startups, sustentabilidade e internacionalización
- O plan de aceleración de proxectos industriais rebaixará as condicións para seren declarados estratéxicos: a partir de 2 millóns de euros de investimento e 25 empregos
- Na súa exposición no Parlamento, a conselleira sinalou como prioridades axilizar a burocracia administrativa, ofrecer financiamento e facilidades de acceso ao solo industrial, así como reforzar a I+D+i

— A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou en Nigrán na presentación desta infraestrutura, que contará cun apoio da Xunta de 5 millóns de euros, para un investimento total de 20 millóns
— As obras darán comezo nas vindeiras semanas sobre dúas parcelas de 8.500 metros cadrados en Porto do Molle e o futuro centro tecnolóxico dedicará 4.000 metros cadrados a laboratorios e oficinas
— María Jesús Lorenzana lembra que na Lei de acompañamento aos orzamentos da Administración autonómica se inclúen medidas para que os proxectos industriais poidan comezar a súa construción nun prazo dun ano
— A conselleira fai fincapé na importancia de que se acelere a chegada dos fondos europeos Next Generation ao tecido produtivo galego
Más artículos…
- A XUNTA ESTENDE ATA O 23 DE NOVEMBRO O PRAZO PARA QUE PEMES E AUTÓNOMOS POIDAN SOLICITAR AS AXUDAS DOS PROGRAMAS GALICIA EXPORTA EMPRESAS E ORGANISMOS INTERMEDIOS
- LORENZANA AVANZA QUE A SUBA NOS ORZAMENTOS DA XUNTA PERMITIRÁ ACELERAR A TRAMITACIÓN ADMINISTRATIVA DOS PROXECTOS INDUSTRIAIS, REFORZAR O FINANCIAMENTO E IMPULSAR A INNOVACIÓN
- A XUNTA INXECTA MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS EN DÚAS LIÑAS DE AXUDAS PARA PROMOVER A INTERNACIONALIZACIÓN DE PEMES E AUTÓNOMOS GALEGOS
- A XUNTA PARTICIPARÁ NO PRIMEIRO ENCONTRO MUNDIAL DE EMPRESARIOS GALEGOS QUE ACOLLE URUGUAI, FIXADO PARA NOVEMBRO EN MONTEVIDEO E PUNTA DEL ESTE
Página 37 de 49






























