
Consellería de Economía e Industria


• A conselleira de Economía, Industria e Innovación pechou o debate para a aprobación da norma, que aporta protección a esta actividade sustentable e xeradora de emprego
• María Jesús Lorenzana resaltou no Parlamento que a nova Lei promove “a importancia social, cultural, identitaria e económica” da artesanía de Galicia e que aposta por “un sector forte e perdurable no tempo”
• Precisou que nace “con vocación de gran acordo”, con participación dos profesionais e da sociedade na súa elaboración
• Entre os obxectivos sinalou a pervivencia, expansión e comercialización, a profesionalización e a remuda xeracional incorporando novos talentos
• Como novidades, a Lei de Artesanía de Galicia inclúe o recoñecemento oficial de Mestra e Mestre Artesán e identifica dúas modalidades -zona e obradoiro- de puntos de especial interese artesanal pola súa vinculación ao territorio e ao desenvolvemento do medio rural

• Alfonso Rueda anunciou a aprobación a principios de 2024 do novo marco lexislativo que mellorará as condicións laborais dos investigadores ao servizo da Administración galega e dos seus organismos
• O presidente da Xunta salienta que o decreto daralle “certeza e estabilidade” ao persoal para que siga desenvolvendo a súa profesión dentro de Galicia
• O texto do decreto que regula a carreira investigadora foi aprobado no Consello da Xunta e logo do ditame do Consello Consultivo “entrará en vigor a finais deste ano ou principios de 2024”
• Rueda explicou que tras rematar as etapas pre ou posdoutoral regúlase o acceso ao sistema mediante un contrato laboral fixo e créanse as categorías de investigador estable e investigador sénior
• Defínense ademais os niveis de técnico superior de investigación e técnico de investigación sénior
• O presidente da Xunta engadiu que o marco lexislativo estimulará a captación de fondos a través dun complemento retributivo non consolidable e detallou que se establece un complemento de excelencia investigadora persoal e consolidable como resultado da avaliación positiva da actividade
• O Goberno galego destinará o próximo ano 60 millóns de euros para a contratación de investigadores por parte das universidades galegas e dos seus centros dependentes

• Salienta a convocatoria de axudas directas, a través do Igape, para incentivar modelos de negocio circulares nas empresas galegas
• Na entrega dos `II Premios de Innovación Epifanio Campo´, a conselleira destacou que Galicia vaise converter na primeira Comunidade en regular as condicións de traballo do persoal investigador a cargo da Administración autonómica
• Afirmou que a Cátedra Epifanio Campo demostra que na Comunidade hai moito talento “para alumear novas propostas e solucións innovadoras que transferir á industria”

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación clausurou o encontro `Rumbo a un futuro sustentable: Fortalecendo a cadea de valor da eólica mariña´, organizado por Asime
• Na súa intervención defendeu que o sector se abra paso conciliando as fortalezas de Galicia nete eido coa preservación dos ecosistemas mariños e coa defensa da pesca
• Reitera a necesidade de abordar cos sectores implicados os retos e oportunidades da eólica mariña: “O que non podemos facer é quedarnos quietos”, enfatizou
• Destaca as aportacións técnicas do Observatorio de Eólica Mariña e do Clúster de Eólica Offshore
• María Jesús Lorenzana confía en que neste sector o Goberno central “non caia no mesmo erro en que caeu cos fondos europeos”

• En referencia ao proxecto de Altri, a conselleira de Economía, Industria e Innovación lamenta que a falta de concreción do Executivo central coincida co “silencio, pasividade e complicidade” de PsdeG e BNG
• Detallou que a Xunta segue adiante coa tramitación deste Proxecto Industrial Estratéxico e que a empresa rematou a elaboración do proxecto e do estudo de impacto ambiental
• Lorenzana precisou que dos oito Pertes industriais anunciados, só se resolveu ou adxudicou o 27,5% do orzamentado e que Galicia só foi beneficiaria co 4,93% do total asignado, pese a ser unha das primeiras Comunidades en presentar a súa estratexia
• En contraste, comunidades como Cataluña e Valencia recibiron axudas directas, mentres que Galicia ten paralizados destacados proxectos industriais que suman máis de 2.000 millóns de euros e que están á espera do Goberno central
• A iniciativa de Altri e outras de carácter estratéxico para Galicia requiren ademais que o Executivo aclare como se garantirá a interconexión eléctrica necesaria
• A conselleira lembrou que a actual é “a última oportunidade para investir de forma eficiente e xusta” fondos dirixidos a garantir proxectos industriais e estratéxicos que contribúan á descarbonización e a unha economía “máis dixital e verde”
• O presidente da Xunta e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiron á inauguración desta nova infraestrutura da Cidade das TIC da Coruña
• Rueda definiu como “oportunidade única” para Galicia a aposta por deseñar e producir este tipo de tecnoloxía desde a Comunidade
• O Galaxy Lab pasa a ser un dos campos de probas máis completos de Europa no puxante sector dos vehículos aéreos non tripulados
• Con máis de 1.000 metros cadrados de superficie, o novo centro actuará como tractor para seguir atraendo investimentos tecnolóxicos e tamén para reter e captar o talento existente na Comunidade
• Rueda salienta o carácter innovador de Galicia, avalado por iniciativas como o Polo Aeroespacial ou por fitos como o de ser elexida para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA)
• O Galaxy Lab está financiado ao 50% pola Xunta e polo Instituto Tecnolóxico de Galicia
Más artículos…
- A XUNTA AMPLÍA E REFORZA ALIANZAS COMERCIAIS NO URUGUAI CO OBXECTIVO DE SEGUIR A POTENCIAR A INTERNACIONALIZACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL GALEGO
- O PRESIDENTE DA XUNTA MANTIVO UN ENCONTRO COA EMBAIXADORA DA REPÚBLICA DE SURÁFRICA, CO OBXECTIVO DE FOMENTAR AS EXPORTACIÓNS E A COLABORACIÓN EMPRESARIAL
- A XUNTA SERÁ SOCIA MAIORITARIA DA NOVA SOCIEDADE MIXTA RECURSOS DE GALICIA, CO 30% DO CAPITAL E UNHA ACHEGA DE 30 MILLÓNS DE EUROS ATA 2027
- A XUNTA AVALÍA CO SECTOR EMPRESARIAL GALEGO NOVAS OPORTUNIDADES E VÍAS DE NEGOCIO NA REPÚBLICA DOMINICANA EN SECTORES COMO A CONSTRUCIÓN, INDUSTRIA AGROALIMENTARIA E ENERXÍA
Página 25 de 38