
Consellería de Economía e Industria


• Fíxoo durante unha demostración do novidoso sistema de extracción de resina que emprega a empresa Laxes Ambiental en comunidades de montes do Baixo Miño
• A conselleira de Economía, Industria e Innovación eloxia a modernización do sector forestal galego co uso de técnicas repectuosas para un mellor aproveitamento dos recursos
• Lorenzana avanzou a próxima convocatoria, este mesmo mes de xaneiro, de novas liñas de préstamos e reavais para pemes, desde os 3.000 euros ata os 5 millóns

• Está prevista a contratación duns 50 profesionais con formación ou experiencia en comercio internacional de cara a apoiar ao tecido empresarial na busca de novos mercados
• As axudas poderán alcanzar ata o 90% do custo da contratación, e os beneficiarios teñen a opción de solicitar anticipos de ata o 50% dos apoios
• As bases desta nova convocatoria do programa do Igape, que permanecerá activa durante 6 meses, figuran no Diario Oficial de Galicia do 9 de xaneiro
• O programa de xestores de internacionalización súmase ás tres liñas do Galicia Exporta -Empresas, Organismos Intermedios e Dixital- que continúan abertas para a presentación de solicitudes, cunha dotación conxunta que supera os 9 millóns de euros

• O acordo foi suscrito pola conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, e pola presidenta do Clúster da Saúde de Galicia, Rocío Mosquera
• Comporta un orzamento de 228.000 euros e proxecta actuacións para potenciar a innovación e a transferencia de coñecemento entre empresas do sector da saúde e entidades vinculadas como universidades, centros tecnolóxicos e startups
• Este convenio ampliará os servizos que presta o Clúster ao conxunto do ecosistema biotech en Galicia, para mellorar o posicionamento internacional da Comunidade como biorrexión
• Promoverá iniciativas como a prestación de servizos innovadores para financiar actuacións de demostración, de xeito especial entre pemes e investigadores, e a validación de produtos nos living labs de Galicia
• Un dos obxectivos é lograr a acreditación do clúster como Agrupación Empresarial Innovadora estatal recoñecida polo Ministerio de Industria e Turismo
• Enmárcase nos obxectivos da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025 e nos retos da RIS3 sobre desenvolvemento dun modelo de vida saudable e de envellecemento activo

• Os obradoiros do Igape, que xa acadan a sétima edición, configúranse como espazos multidisciplinares que reforzan o compromiso da Xunta de Galicia coa transformación dixital e sustentable
• Están dotados cun orzamento de 650.000 euros e os apoios cobren o 100% dos gastos subvencionables, cun límite de 25.000 euros por proxecto e de 75.000 por entidade beneficiaria
• O prazo para a presentación de solicitudes deste programa que estimula a colaboración empresarial permanecerá aberto ata o 2 de febreiro

• A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou as instalacións da compañía en Ordes e enxalzou que o contract galego esté presente en máis de 100 países acompañando a empresas galegas que teñen impulsado diferentes proxectos construtivos
• Detallou que o Grupo Ramón García confirma a forte internacionalización do sector, ao operar en 70 países e contar desde hai unha década cunha instalación produtiva en México
• “As compañías galegas que traballan na canle contract teñen adquirido experiencia e habilidades, ofrecendo os seus servizos a todo o mundo, e convertendo Galicia nun referente internacional”, destacou a directora do Igape

• Por primeira vez, Galicia conta con apoios específicos para iniciativas que teñen como finalidade a produción de hidróxeno de orixe renovable e de biogás e biometano
• O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 21 de febreiro, nunha convocatoria que aspira a mobilizar ao redor de 15 millóns de euros
• As axudas, de concorrencia competitiva, están dirixidas a empresas e autónomos, cunha cuantía máxima por proxecto de 2,5 millóns de euros no caso do hidróxeno renovable e de 2 millóns para biogás e biometano
• Como requisito común, as iniciativas presentadas deberán destinar unha parte do gas renovable ao autoconsumo enerxético
• Esta nova liña de axudas enmárcase na Axenda Enerxética de Galicia e contribuirá a seguir avanzando na transición enerxética e na loita contra o cambio climático grazas á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro
Más artículos…
- LORENZANA DEFINE O LABORATORIO DE CONSUMO DE GALICIA COMO “REFERENTE NACIONAL E INTERNACIONAL” PARA GARANTIR A SEGURIDADE E FIABILIDADE DOS PRODUTOS
- RUEDA ANUNCIA NO PARLAMENTO QUE A XUNTA PRORROGARÁ EN 2024 A BONIFICACIÓN DO 50% NO TRANSPORTE PÚBLICO AUTONÓMICO
- GALICIA CONVÉRTESE NA PRIMEIRA COMUNIDADE EN APROBAR OS ORZAMENTOS DE 2024, QUE ASCENDEN A 13.257 MILLÓNS DE EUROS
- RUEDA ENXALZA A CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DOS EMPREGADOS PÚBLICOS E AGRADECE O SEU ESFORZO POR IDEAR NOVAS SOLUCIÓNS QUE MELLORAN A VIDA DIARIA DOS CIDADÁNS
Página 23 de 38