Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Nunha xornada do Inega sobre repotenciación eólica, a conselleira de Economía e Industria matizou que si O Goberno implanta redes de transporte e distribución axeitadas aumentaría a produción eólica ata un 124%, o equivalente a 70 parques
  • Con esas infraestruturas de rede, reduciríase ata un 76% o número de aeroxeradores na paisaxe galega, e sen ampliar a ocupación de terreos
  • María Jesús Lorenzana resalta que en Galicia hai dez proxectos industriais pendentes só de que se reforce a rede de transporte eléctrico e lembra que “son 1.200 MW que non están atendidos na planificación actual nin na súa modificación”

  • O presidente da Xunta non recuncia a chegar a acordos en vivenda, sempre que se cumpra con que a achega autonómica se dedique ás prioridades establecidas por cada Comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos
  • Solicitou ao presidente do Goberno que ceda á Xunta todas as vivendas da Sareb habitables, en situación legal e en zonas con demanda para convertelas en vivendas públicas, e que corrixa as “medidas contraproducentes” para activar o mercado, protexendo aos inquilinos e reducindo a presión fiscal
  • En financiamento autonómico, Rueda plantexou que as Comunidades reciban as entregas a conta e o pago dos correspondentes intereses, ao tempo que reiterou a petición dun cambio de modelo
  • No cumio de presidentes autonómicos celebrado en Barcelona, o titular da Xunta demandou o cofinanciamento ao 50% -entre a Administración autonómica e a estatal- dos servizos e prestacións da dependencia
  • En materia de Sanidade incidiu nas competencias do Goberno central e salientou a importancia de que se aumente a capacidade das Comunidades de contar con máis profesionais de atención primaria, aumentar a idade de xubilación en especialidades deficitarias e desbloquear a homologación de títulos estranxeiros
  • No tocante ás infraestruturas enerxéticas, pediu cambiar a súa planificación para impedir que haxa “proxectos industriais cuxo principal problema sexa a subministración eléctrica” e para evitar dificultades para instalarse nos territorios

  • Reafirmou o compromiso da Xunta co tecido produtivo da Comunidade e precisou que a Administración Galega leva mobilizados máis de 530 millóns de euros neste exercicio para apoiar directamente ás empresas
  • O presidente da Xunta apuntou a condición de socio estratéxico da CEG, entidade á que considera exemplo do diálogo e da colaboración público-privada na definición e execución das políticas económicas
  • Rueda detallou que Galicia xa supera en máis dun 11% o nivel de PIB previo á pandemia, tres puntos por riba da media estatal, e que logra un índice de produción industrial e unha dinámica empresarial superiores ós do conxunto de España
  • Avanzou que na Conferencia de Presidentes que se celebra hoxe en Barcelona defenderá os intereses de Galicia en materia de vivenda, formación profesional ou infraestruturas, así como un novo modelo de financiamento autonómico, unha inmigración “con traballo estable” e a implantación de industrias “con seguridade”

  • O presidente da Xunta destaca a importancia desta industria para Galicia, con máis de 3.700 empregos directos, dos que preto do 25% están cubertos por mulleres
  • Alfonso Rueda salientou na primeira edición de StoneGal, en Vigo, que “os magníficos recursos mineiros” fan de Galicia unha potencia no sector, ao concentrar o 9,5% da produción mineira estatal
  • Reiterou a aposta da Xunta por garantir un aproveitamento dos recursos naturais que sexa “ordenado, sustentable e beneficioso para o territorio”

  • O Goberno galego publicará no DOG nas vindeiras semanas a resolución desta convocatoria de axudas, de grande acollida e que conta cun orzamento de 3 millóns de euros
  • As actuacións inclúen desde iluminación eficiente ata plantas de depuración de auga, xestión de residuos, viais e servizos centralizados de gas e hidróxeno verde
  • Estas axudas teñen unha intensidade do 80% e establecen un límite máximo de 120.000 euros nas solicitudes individuais e de 138.000 nas conxuntas

  • Na clausura da XXV Asamblea xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar asegurou que “hai proxectos que agora mesmo dependen exclusivamente para a súa viabilidade e instalación de ter potencia eléctrica” suficiente e de poder conectarse á rede
  • Calificou o problema actual de “gravísimo” e engadiu que “investir en redes non dá votos e non se está tomando coa importancia coa que se ten que tomar”
  • A conselleira de Economía e Industria comunicou que a Xunta solicitou formar parte do comité de análise do apagamento xa que “transcorrido un mes, o Goberno aínda non conseguiu aclarar as causas que o provocaron”
  • Enxalzou que Galicia conta con máis de 60.500 empresas familiares e que nos últimos dez anos creceron máis do dobre, un 130%, en Valor Engadido Bruto, ata os 40.800 M€.
  • Detallou que representan o 85,6% da riqueza xerada en Galicia, e que delas dependen máis de 600.000 empregos na Comunidade, un 50% máis que na última década e o 82% de todo o emprego privado
  • Lorenzana lembrou medidas como a Oficina Económica de Galicia, o Plan de aceleración de proxectos industrias ou as novas figuras normativas de acceso a solo empresarial e dixo que a aposta da Xunta pola desburocratización e a axilidade administrativa conecta coas grandes demandas das empresas

  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que esta iniciativa busca “avanzar no proceso de descarbonización, aforrar custos enerxéticos para as empresas e fomentar o autoconsumo para blindar a seguridade eléctrica”
  • A auditoría da que resultou adxudicataria a firma Ghenova Ingeniería Group, con delegacións en Vigo e Ferrol, iniciarase en xuño e precisará 12 meses de traballo
  • De cara a identificar as mellores oportunidades de autoconsumo, incluirá un estudo dos recursos dispoñibles por cada parque empresarial e peirao en solar, eólica, biomasa, xeotermia e enerxías mariñas
  • As 3.000 industrias que presentan un maior consumo enerxético serán a base sobre a que pivote a auditoría, que incorporará ademais un exame de mobilidade e frotas en Galicia para deseñar solucións máis sustentables e eficientes
  • Alfonso Rueda avanzou que se vai despregar “unha plataforma dixital avanzada” que facilitará ás empresas e entidades situadas nos 193 polígonos industriais e 122 portos “plans personalizados para minorar a factura eléctrica a través dun servizo de asesoramento gratuíto”
  • O presidente da Xunta precisou que este ambicioso proxecto combinará a innovación tecnolóxica, a intelixencia artificial e a participación activa do tecido empresarial
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia