Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

Lorenzana compromete que a Xunta seguirá traballando na senda da estabilidade e do apoio ás empresas para fortalecer o peso da industria no PIB galego
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación destacou no Círculo de Empresarios de Vigo a subida de case o 2% no Índice de Produción Industrial en 2023, en contraste cunha caída media do 0,8% en España
  • Tamén subliñou que Galicia supera en dous puntos ao Estado na porcentaxe de ocupados no sector industrial, cun ritmo de crecemento interanual do 7,3%
  • Lorenza defende seguir insistindo na “esencial” tarefa da desburocratización administrativa para favorecer a chegada de novos proxectos, acompañando con financiamento en condicións vantaxosas e con acceso a solo industrial
  • Reclama a colaboración do Estado para reducir os prezos enerxéticos e lembra que en España son tres veces superiores aos de Alemaña e Francia
  • Nesta liña, pide que se fagan modificacións na rede eléctrica para asegurar subministración á futura planta de Altri e a Stellantis Vigo, entre outras compañías
  • A conselleira finalizou a súa intervención denunciando a “desconexión total” existente entre as necesidades reais do tecido empresarial e o deseño dos PERTE
renova electrodomesticos
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, precisou que o programa Galicia Renova Electrodomésticos conta cun orzamento de 2,2 millóns de euros e cunha previsión de beneficiar a 14.000 fogares galegos
  • As axudas para persoas vulnerables cubren entre o 50 e o 75% do custo do aparello a renovar: frigorífico, frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora, lavalouzas ou placa de indución
  • Lorenzana vinculou o programa ao fomento da concienciación social sobre a eficiencia enerxética e á dinamización das vendas no comercio local
  • Salientou a elevada participación de establecementos adheridos a esta campaña, con preto de 400
  • O Galicia Renova Electrodomésticos prevé mobilizar 7,6 millóns de euros en vendas e contribuir a unha redución de emisións equivalente á plantación de 44.000 árbores
A Xunta xa facilitou a incorporación de 17 investigadores de recoñecido prestixio a través do programa Oportunius
  • Catro beneficiarios das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) súmanse á plantilla da Axencia Galega de Innovación
  • Yolanda Prezado, doutora en Radiobioloxía e Física Médica, regresa a Galicia despois de máis de 11 anos de traxectoria no Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS) en Francia
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, subliña que estas novas contratacións “constatan a aposta da Xunta pola atracción, retención e retorno de talento científico excelente, cun marco laboral estable e recursos para unha carreira de primeiro nivel en Galicia”
  • A Xunta prevé resolver outra contratación e convocar tres prazas máis no marco do programa Oportunius no primeiro semestre deste ano
Lorenzana aboga por unha política económica de apoio á empresa
  • Remarca fortalezas como achegar seguridade xurídica e desburocratizar para acelerar a tramitación de novos proxectos, e reivindica unha política enerxética vinculada ao sector industrial para abaratar o prezo da electricidade

  • Ao referirse aos fondos europeos, lembra que cada día que pasa sen que o diñeiro estea no tecido produtivo “é un día perdido para a empresa”

  • Subliña o rol da Oficina Económica de Galicia como “porta de entrada única” para o asesoramento empresarial e o plan de aceleración de proxectos industriais como “vía rápida” para tramitar investimentos, coa Secretaría Xeral de Industria como único interlocutor

  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou na presentación do informe `Retos e perspectivas económicas en Galicia para o ano 2024´, elaborado por BDO

  • O estudo constata o optimismo que se percibe no tecido empresarial galego, a pesar do contexto macroeconómico e internacional

Rueda enxalza a alianza estratéxica e tecnolóxica que promove o grupo Amper

  • O presidente galego mantivo unha xuntanza cos CEOs de Amper e de EKS Hitachi Energy, que confirmaron o proxecto de fabricación de equipos de electrónica de potencia para enerxías renovables e para almacenamento de enerxía en sistema de baterías

  • Rueda agradeceu á compañía tecnolóxica que reforce a súa aposta por Galicia e que contribúa a consolidar a Comunidade como referente en renovables e, en particular, na eólica mariña

  • A presenza do grupo Amper xa inclúe a súa división Nervión Naval Offshore para fabricar a plataforma flotante de eólica mariña no Porto Exterior de Ferrol e unha planta de velas ríxidas nas Somozas

I FORO DA INVESTIGACIÓN GALEGA NO ESTRANXEIRO
  • A primeira edición do Foro, que se enmarca no Programa de Talento da Xunta, terá lugar en Bruxelas os vindeiros 8 e 9 de marzo

  • Como obxectivos destacan fomentar a relación e intercambio de ideas entre o persoal investigador galego afincado no estranxeiro e o de Galicia e visibilizar oportunidades de retorno de talento á Comunidade galega

  • Na xuntanza coa rede InvestiGal, que conta con máis de 540 asociados, a directora de Gain presentoulle ao colectivo o texto definitivo do decreto que regula a carreira investigadora na Administración pública galega e que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 11 de xaneiro

PROXECTO DE GRI RENEWABLE INDUSTRIES

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, coñeceu os detalles da inversión nunha reunión de traballo con directivos do grupo especializado en torres para o sector eólico e xa presente en Galicia desde 2008 cunha factoría no Carballiño

• Lorenzana informou á empresa de ferramentas da Xunta como a Oficina Económica de Galicia ou os plans de dinamización industrial para acompañar e asesorar ás industrias nos seus proxectos de expansión

• A conselleira enxalzou que poida manterse a actividade industrial na factoría de Ponteareas da man dunha compañía que acumula máis de 15 anos de experiencia no sector eólico

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia