Busca en nuestra página

— Francisco Conde salienta que a Marca Galicia transmite o esforzo que está a facer o tecido produtivo galego “por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable”.

— O programa de axudas DeseñaPeme, que xa recibiu máis de 90 propostas e está en fase de resolución, conta cun orzamento de 1,5 millóns e xerará 3 millóns de investimento.

— A iniciativa `Diferenza´ fomenta a cultura do deseño e a innovación nas pemes galegas como valor engadido para a apertura de novos mercados.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salienta que a Marca Galicia transmite o esforzo que está a facer o tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable.

No marco do V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que tivo lugar no CIS-Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, Conde puxo de manifesto o traballo da Xunta por impulsar un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico e sostible de Galicia, que é o obxectivo do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade, ‘Diferenza’.

Esta iniciativa que o Goberno galego puxo en marcha o pasado ano para impulsar a cultura do deseño e a innovación nas pemes galegas, identifica o deseño como a diferenza ou valor engadido que a unha empresa lle abre novos mercados; que, no contexto actual está na sustentabilidade.

CONVOCATORIA CON 90 PROPOSTAS INNOVADORAS

Na xornada interviron seis das 25 pemes beneficiarias da pasada convocatoria do programa de axudas DeseñaPeme, co que a Xunta contribúe ao obxectivo de apoiar proxectos que conxuguen deseño e sustentabilidade no tecido empresarial galego. A convocatoria deste ano, con 1,5 millóns de euros de orzamento e a previsión de mobilizar 3 millóns, xa está en fase de resolución con máis de 90 propostas recibidas.

O vicepresidente económico asegurou que o deseño contribúe a crear a nosa marca país e que, a través del, proxectamos a nosa identidade como territorio. Nese sentido, concluíu asegurando que outro dos valores que transmite a Marca Galicia é que a Xunta cre no binomio industria-sustentabilidade e en poñer a I+D+i e o deseño ao servizo da transición ecolóxica e dixital.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid