Busca en nuestra página

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salienta que no complexo escenario que estamos a vivir “é máis importante que nunca integrar, sumar o esforzo de todas as administracións e institucións, o tecido produtivo e a sociedade para acadar o obxectivo da recuperación e o crecemento sustentable”.

— Na cerimonia de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2022, outorgados pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat), eloxiou o labor dos diferentes profesionais e entidades “que contribúen a levar o nome de Galicia polo mundo”.

— Conde destaca o traballo de Aega-Cat por “saber fusionar o talento, a capacidade para emprender e a visión de negocio coas oportunidades que Cataluña ofrece”.

— Os Títulos de Excelencia Galega desta edición recaeron no presidente do Grupo Coren, nas investigadoras María de la Fuente Freire e Ana María Freire Veiga, en Cogami, no fotógrafo Manuel Outomuro, no ex ciclista Álvaro Pino e no director xeral da CRTVG, mentres que o Título Extraordinario de Excelencia Galega rendeu homenaxe ao finado conselleiro Valeriano Martínez.

— Francisco Conde salienta que a Marca Galicia transmite o esforzo que está a facer o tecido produtivo galego “por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable”.

— O programa de axudas DeseñaPeme, que xa recibiu máis de 90 propostas e está en fase de resolución, conta cun orzamento de 1,5 millóns e xerará 3 millóns de investimento.

— A iniciativa `Diferenza´ fomenta a cultura do deseño e a innovación nas pemes galegas como valor engadido para a apertura de novos mercados.

— Os dous primeiros son antigas explotacións de lousa situadas en Carballeda de Valdeorras, ás que se destinan 1,5 millóns de euros de fondos europeos para a súa reintegración ambiental.

— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, subliña que un dos principais obxectivos da Axenda de Impulso da Minería Sostible é “facer do sector un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria galega”.

— Detalla que a recuperación de espazos mineiros e a valorización dos recursos xeolóxicos “son clave” para fomentar a sustentabilidade na minería galega.

— Galicia anticípase no planeamento da minería sostible e na súa modernización, en consenso co sector.

— O 8% da produción mineira de España ten a súa orixe en Galicia, cun volume económico de 246 millóns de euros en 2020.

— No caso concreto da industria da lousa, o peso das exportacións galegas equivale ao 70% do total nacional.

 Os programas de apoio ás empresas suman 135,5 millóns e contemplan investimentos directos e a concesión de préstamos e garantías.

 As tres liñas de actuación son o reforzo do capital e os fondos propios, o acceso a instrumentos de débeda e a oferta de garantías para facilitar a obtención de crédito.

 O programa de Transformación Empresarial combinará financiamento e consultoría estratéxica para o impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade.

 A Axenda Financeira engade ademais préstamos para investimentos estratéxicos como a creación de novas instalacións, a mellora das ya existentes ou o incremento da capacidade produtiva.

 Tamén se incorporan préstamos para financiar ás industrias afectadas pola alza do prezo das materias primas e subministracións como consecuencia da invasión rusa en Ucraína e créase unha liña de avais e outra de reavais que son específicas para as empresas afectadas pola guerra.

- A contribución das enerxías renovables crecerá dez puntos porcentuais nunha década en xeración e 12 puntos en consumo final, ao tempo que recortará ao 39% a dependencia enerxética do exterior.

- A vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación está a avanzar na Axenda Enerxética de Galicia 2030 cos diferentes axentes do sector

- O investimento público previsto ata 2024 supera os 630 millóns de euros, para dispoñer de máis fontes renovables e para impulsar a eficiencia enerxética, o autoconsumo e a economía circular.

- Un dos grandes desafíos é o de converter a Galicia nunha rexión neutra en carbono no ano 2050.

- Francisco Conde salienta que a nova Axenda Enerxética “busca avanzar cara unha transición enerxética que permita o desenvolvemento das diferentes renovables e ao mesmo tempo garantir o mix enerxético que nos faga competitivos desde o punto de vista industrial e eficientes desde o punto de vista do impacto nas familias e nas pemes”.

- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destaca que o ensaio clínico Sigma4Covid “contribúe a dar solución a unha das máis graves emerxencias sanitarias, e faino desde a colaboración”.

- Salienta o papel da ciencia e da innovación e aboga por impulsar un ecosistema conectado con retos como a medicina, a transición ecolóxica, o cambio climático ou o envellecemento activo.

- A Xunta agarda que a biotecnoloxía galega ocupe un lugar prioritario no Perte de Saúde de Vangarda anunciado polo Goberno central.

- O Programa OPORTUNIUS atrae a 11 investigadores de prestixio na Unión Europea, ao sumarse dúas incorporacións este ano.

- Con 32 proxectos e 72 millóns de euros en captación de recursos, Galicia é a quinta Comunidade máis activa nas convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC).

- Francisco Conde salienta que a Xunta prevé investir máis de 220 millóns de euros ata 2024 en liñas centradas en seguir impulsando o talento científico na Comunidade.

- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación abordou novas liñas de colaboración en comercio exterior nun encontro con representantes de Miami Dade Beacon Council.

- Trátase dun destino estratéxico e chave para as empresas galegas que buscan posicionarse no mercado dos Estados Unidos ou abarcar desde Miami as principais prazas de Latinoamérica.

- A Xunta amosou interese en estreitar vínculos en sectores como as TIC e a biotecnoloxía, pola conexión co proceso de dixitalización do tecido empresarial galego, e a delegación estadounidense salientou o potencial para sectores produtivos como o pesqueiro.

- As exportación galegas a Estados Unidos duplicaron volume no primeiro trimestre de 2022, ao cifrarse en preto de 159 millóns de euros.

- Cun investimento de 2,4 millóns de euros, formará a 37 titulados de grao superior para a súa especialización en comercio exterior nunha trintena de destinos mundiais estratéxicos.

- Este programa impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación xa leva beneficiado a preto de 400 profesionais, que colaboraron na proxección internacional de empresas galegas en mercados como Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Arxentina, Xapón, Corea do Sur, Dubai, Filipinas ou Tailandia.

- Os obxectivos son impulsar as vendas ao exterior do tecido empresarial galego, reforzar a súa competitividade e mellorar a empregabilidade.

- O programa forma parte da Estratexia de Internacionalización de Galicia 2025, coa que o Goberno galego está a contribuír aos rexistros históricos das exportacións: en 2021 Galicia superou por primeira vez a barreira dos 25.000 millóns de euros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CEG - Confederación de empresarios de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid